Tuesday 07 de May de 2024

O Entroido de Ordes dá comezo cunha gran festa para os nenos e nenas do muncipio


A Tarde de entroidada organizada polo Concello de Ordes congregou a centos de rapaces e rapazas no pavillón Campomaior. Inchables, obradoiros creatios e artísticos, xogos, música, balile e moitas máis sorpresas marcaron esta tarde na que deron comezo as celebracións do Entroido 2017 organizado polo Concello de Ordes. A seguinte cita terá lugar o próximo sábado, xornada na que terá lugar o gran desfile e o concurso de disfraces no que se repartirán máis de 4.000 € en premios entre os centenares de participantes que a día de hoxe xa teñen confirmada a súa asistencia.